domingo, 1 de mayo de 2011

O TRATAMENTO DA LINGUA NO CANCIONERO POPULAR GALLEGO

O TRATAMENTO DA LINGUA NO CANCIONERO POPULAR GALLEGO (1885-1886) DE JOSÉ PÉREZ BALLESTEROS
Xosé Manuel SÁNCHEZ REI
Universidade da Coruña



1. INTRODUCIÓN: SIGNIFICADO DO CANCIONERO POPULAR GALLEGO DE PÉREZ BALLESTEROS

O século XIX vai supor para a Galiza a firme tomada de consciencia nos problemas reais do país e na necesidade da súa exeneración social, política e cultural. Vai tamén significar a defensa da lingua galega e a súa recuperación para o ámbito escrito, após un silencio secular, orixinado por factores alleos á nación, os cales, no seu conxunto, deron abretemado o esplendor literario medieval. E, aliás, o XIX vai facer que certos sectores das clases ilustradas se preocupen polos sinais de identidade do pobo galego, a se inspiraren así no que estaba a acontecer noutros países da Europa, onde esa preocupación levaba xa tempo a centrar o interese dalgúns cenáculos eruditos por causa do Romantismo.

Nese contexto finisecular de preocupación polos sinais identitarios da Galiza, de que a literatura tradicional é un deles, é que saen do prelo en 1885-1886 na Biblioteca de las Tradiciones Populares Españolas, dirixida por Antonio Machado Álvarez, os tomos VII, IX e XI, correspondentes aos tres volumes do texto que nos ocupa: Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de la Coruña por José Pérez Ballesteros. Con un prólogo del ilustre mitógrafo portugués Theóphilo Braga (en adiante CPG). O seu responsábel, José Pérez Ballesteros, nacera en Santiago de Compostela no día 30 de xullo 1833, coincidindo co ano en que tamén veu ao mundo Manuel Murguía; morrerá na cidade da Coruña a 30 de outubro de 1918, após se ter dedicado ao estudo do folclore, á composición literaria e mesmo ao ensino, pois chegou a ser director do Instituto da Coruña, onde se fixo cargo, desde 1865, da cátedra de Psicoloxía, Lóxica e Ética (López Varela, 2001: 54).

Até á publicación do CPG, pois, e aínda que xa había diversas coleccións de poesía oral (como as de López de la Vega, Casal Lois ou Saco Arce), ninguén tivera a oportunidade de publicar o produto da súa compilación nas circunstancias e coas características con que o levou a cabo Pérez Ballesteros, debido á falta de patrocinio, de interese institucional ou mesmo de apoio económico. O folclorista compostelán non ignora que esta situación de privilexio fai que o seu Cancionero sexa o primeiro dado a lume, como afirma nunha nótula a rodapé, en que cualifica a súa obra como “primer CANCIONERO GALLEGO” (III, 98, n. 1)1, a pesar de que coñecía, polo menos en parte, o labor doutros eruditos da época dedicados á recollida de textos tradicionais.

Os contemporáneos de Pérez Ballesteros non ficaron calados perante a publicación do CPG, pois, segundo indican Alonso Montero (1979: [IV]) e Blanco (1992, I: 108), tivo boa acollida pola crítica nas recensións que lle dedican algúns dos seus coetáneos. Neste sentido, unha das persoas que eloxiou o traballo de Pérez Ballesteros foi Emilia Pardo Bazán; o seguinte fragmento corresponde a un texto publicado pola fundadora de El Folk-Lore Gallego, datado no ano 1888, en que se non escatiman louvanzas tanto para a musa anónima do pobo canto para o responsábel da edición:

Volviendo al monumento ya levantado, repito que lo que más interesante en él, es la claridad con que revela y destaca la fisionomía moral del pueblo gallego [...].

1 Como a obra foi publicada en tres tomos e por non sobrecarregarmos desnecesariamente estas páxinas coas iniciais do Cancionero, aquí só imos facer referencia, cando expuxermos unha citación do texto, ao número do volume que corresponder.

Pero entiéndase bien en qué consiste el valor de un Cancionero recogido en ferias y desfollas, de labios de mozos, jornaleras ó marineros; un Cancionero donde la copla tradicional conservada y transmitida de boca á boca por innumerables generaciones, se codea con la acabada de improvisar por la cantadora que repica el pandeiro en la fiesta del patrón, ó corre la regueifa [...].

Quisiera yo ver á los que hacen ascos á las coplas populares en el compromiso de escribir una docena de cantares sencillos, pero donde rebosase el sentimiento. Comprenderían entonces cuanto más fácil es rimar hinchadas silvas y empalagosas décimas, que imitar la rapidez, la concisión, la energía, la espontaneidad de la copla popular, su belleza característica y propia, cuando la posee, que es harto á menudo [...].

Yo no sé si á mucha gente de Galicia le sucederá lo que á mí recorriendo este Cancionero: evocar toda la vida del pueblo, en su integridad, en su riqueza de sentimientos y de ideas, en su círculo limitado, pero lleno de color y de realidad, que hace del libro un tesoro para el Folk-lore general, y un archivo de preciosos documentos humanos sobre una raza de gran originalidad psíquica [...].

Pero no es el único mérito que puede contraerse el de cantidad, y el colector del Cancionero ha ganado otros muchos, en la ordenada clasificación, en las distintas notas de carácter gramatical, lexicográfico y topográfico, tan breves como claras y útiles, que enriquecen la obra. Creo que ésta, como la mayor parte de las de su mismo género será más estimada por algunos sabios extranjeros que por el público español: pero al menos los que nacimos en esta tierra, ¿cómo no hemos de respirar con placer inexplicable el aroma de ese mazo de amapolas, menta, castaño en flor, helecho, hinojo, áspera retama y fresca manzanilla...? ¡el ambiente de nuestros prados y nuestros montes! (Pardo Bazán, 1984: 99-120).

Velaquí un extracto doutra recensión, feita por Andrés Martínez Salazar e publicada no herculino El Telegrama no día 15 de outubro de 1885 (número 4.892), en que tamén, xunto a unhas agarimosas
palabras para o compilador, se demanda da intelectualidade da altura análogos traballos e se subliña, igualmente, a necesidade de apoios económicos para ese tipo de tarefas:

Merece bien de su pátria el señor Pérez Ballesteros, y es de esperar que el señor Murguía y los hermanos De la Iglesia, que desde hace años coleccionan romances y canciones antiguas y modernas de su país, se animen á darlas á conocer al público en breve plazo, aun á riesgo de faltarles la protección de sus mismos compatriotas y la de ciertas corporaciones que patrocinan á veces obras de ninguna importancia regional, provincial ó local en prejuicio de otras de reconocida utilidad en la Historia, en la Literatura y en la lengua pátria (Martínez Salazar, 1981: 414).

Máis un camiño para nos achegarmos á acollida que tivo o CPG consiste nos apuntamentos que algúns contemporáneos de José Pérez Ballesteros incluían nas súas propias obras. Así o referiu Antonio de la Iglesia en El Idioma Gallego (IG), a primeira vez nunha nota a rodapé e a segunda no mesmo corpo do texto, que finda o seu terceiro tomo a comentar as daquela invulgares dedicacións da sociedade coruñesa El Folk-Lore Gallego:

El benemérito Sr. D. José Pérez Ballesteros, miembro del Folk-Lore Gallego, ha dado á luz el primer tomo de los tres en que lleva coleccionando gran parte de los cantares gallegos y tiene en prensa los otros dos: ha coleccionado asimismo gran porción de refranes del país, cuya lengua le es deudora de afanes y estudios muy dignos de ser imitados (IG, III, 123, n. 1).

Y en el [ano] de 1885, en la misma empresa [Biblioteca de las Tradiciones Populares Españolas], ha dado á luz en el tomo VII, José Pérez Ballesteros el primer tomo del Cancionero Popular Gallego [...]. Y creemos que la benemérita Sociedad del Popular Saber de Galicia, ó sea el Folk-Lore Gallego, que ha publicado ya un tomo de Tradiciones de Galicia, auxilia y protege la edición del Cancionero gallego de José Pérez Ballesteros y va á costear la de las Poesías del inmortal poeta gallego Francisco Añón (IG, III, 260-261).

Os parabéns á colección de Pérez Ballesteros continuaron durante bastantes anos, practicamente até ao comezo da Guerra Civil, como o demostra o comentario que lle dedica Couceiro Freijomil (1935: 272). O autor, falando das diferentes compilacións existentes de literatura oral, non hesita en salientar o labor de Ballesteros:

La mejor colección [de poesía tradicional] que poseemos es el Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de la Coruña, por José Pérez Ballesteros, con un Prólogo de Teófilo Braga y concordancias por Antonio Machado Álvarez (Madrid, 1886). Son tres tomos que contienen más de tres mil cantares.

A importancia do CPG vén igualmente refrendada polo feito de ser tido en conta por investigadores xa do século XIX, cal Núñez González (1894: 65-67), quen cita cuadras tradicionais extraídas do Cancionero para ilustraren as súas impresións, e mesmo tamén por autores da centuria seguinte, como Rielo Carballo (1980), estudioso que nas súas anotacións ás poesías compiladas na comarca de Pol adoita facer referencias aos textos coleccionados por Ballesteros; do mesmo xeito, Freixeiro Mato é outro dos autores que toma bastantes exemplificacións de fenómenos lingüísticos para a súa Gramática da lingua galega (1998, 1999, 2000) xustamente do CPG.

Mais, a este respecto, é certo que houbo tamén estudiosos posteriores que se apropiaron dalgunhas informacións contidas no CPG sen indicaren a fonte nin faceren calquera tipo de referencia á proveniencia das súas impresións. En tales circunstancias é que se acha José de Santiago Gómez cando trata o fenómeno da interpolación pronominal, como se poderá observar a seguir; a primeira citación provén dunha das moitas que se encontran no Cancionero e a segunda procede da escuálida obra Filología de la lengua gallega, do antecitado autor 2: Me non: trasposición muy común en el gallego, y de la cual hay ejemplos en el Cancionero inédito castellano del siglo XV, perteneciente á la biblioteca de S. M. D. Alfonso XII, y que el anotador Gómez de Nieva creyó infundadamente erratas del original (III, 2, n. 3).

2 Véxase tamén Sánchez Rei (1999: 74-75), onde facemos unha chamada de atención sobre as “similitudes” existentes entre o Cancionero popular gallego de Ballesteros e a obra de Santiago y Gómez (1919), quen non se limita exclusivamente a se “alicerzar” na compilación de textos tradicionais do intelectual compostelán, mais tamén nos traballos de Sarmiento, Saco Arce etc.

Trasposiciones. –Son muy frecuentes en gallego las trasposiciones, como veremos en los siguientes ejemplos. “Antes que me d’aquí vaya”; “se m’o raposo non come”: esta trasposición es desconocida en el castellano. “Lle non ha de pasar”; esta forma de trasposición es muy común: “non lle no mando”; ben sei a quen dixeche que me non podías ver”; ejemplos de esta trasposición, muy frecuente en gallego, hay varios en el Cancionero inédito castellano del siglo XV, que existe en la Biblioteca Real, y no son erratas del original (Santiago Gómez, 1918: 256).

Doutro lado, cómpre salientarmos unha outra liña de verificación da transcendencia do Cancionero, como é o seu suceso como obra fornecedora dalgúns textos para outros cancioneiros ou mesmo romanceiros posteriores. Difícil sería aquí rastrexarmos todas as compilacións de literatura tradicional que contaron co CPG como fonte para extraeren estrofes anónimas, pois é labor para que non foron inicialmente pensadas estas páxinas. Aínda así, non poderiamos deixar de citar determinados traballos que, con efecto, se basearon parcialmente nas páxinas do CPG, calé, en primeiro lugar, o Romanceiro Geral Português, publicado por Teóphilo Braga na súa segunda edición en 1906-1909 (1982): no apartado dedicado a referir as “Fontes do Romanceiro Geral Portuguez” (Braga, 1982, I: VIIVIII) figura o tomo III da obra compilada por Ballesteros, xa que nese volume se achan algúns romances galaicos. E ao falarmos do xénero romancístico na Galiza, non debemos obviar o traballo de Mariño Ferro / Bernárdez (2002), contributo que contén todas as versións de romances contidas no CPG.

Outrosí, Ramón Cabanillas, responsábel da edición dun Cancioneiro popular galego que chegou a ter tres edicións (a última é de 1976) e que, xa na segunda metade do século XX, veu case “relevar” a obra de Ballesteros canto ao grao de coñecemento de textos tradicionais, declara, nunha preludial “Escolma” (en Cabanillas 1976: 81), a orixe das cuadras que compila; e nesas palabras prologais, xunto a diversas fontes, tamén se acha a do CPG: Cantigas recollidas nas aldeias e ribeiras do val do Salnés, nas coleicións inéditas de Don Xosé Millán, Don Fernando Santalices e Don Xosé Ramón e Ferández-Oxea, nos cancioneiros de Pérez Ballesteros, Cotarelo Valledor, Filgueira Valverde, o P.

Loís M.ª Fernández e Fermín e Loís Bouza Brey, antre as imprentadas por Constantino Lagarón e nos xurdíos traballos pubricados na revista “Nós” por Vicente M. Risco, Florentino Cuevillas, Álvaro das Casas, Antón Fraguas, Xaquín Lourenzo, Amador Rodríguez Martínez, Isaac Forneiro Barandela, Francisco Lanza, Ben-Cho-Shey.

Finalmente, do valor do Cancionero tamén se ten constancia pola súa utilización por parte doutros investigadores do ámbito das Humanidades, tales como etnógrafos, antropólogos, historiadores etc. Lisón Tolosana (2004), por exemplo, acude ás manifestacións de literatura oral que lle proporcionan algúnhas escolmas e coleccións para verificar certas pautas de comportamento vital e social das aldeas galegas, especialmente no que se refire á “mellora” ou “manda”; para as súas finalidades, o antropólogo tira cántigas de diversos traballos, entre os cales achamos, máis unha vez, o CPG (véxase Lisón Tolosana, 2004: 235, 241, 276, 277 etc.).

2. A INFORMACIÓN LINGÜÍSTICA DO CPG

Fica asente, pois, que estamos perante unha obra que marcou un fito no momento en que foi publicada e que continuou a ser unha obra de referencia durante o século XX a teor da súa utilización por diferentes investigadores. Nas liñas que seguen imos tentar constatar que, do punto de vista lingüístico, o CPG tamén sobrancea pola cantidade de información que nos proporciona, e non só directamente, a través das case 2.600 estrofes, mais tamén mediante os datos que o compilador inclúe como apuntamentos ou notas. Notemos aquí, conforme viamos anteriormente, que xa unha contemporánea de Pérez Ballesteros, Emilia Pardo Bazán, subliñaba asisadamente o acerto desas anotacións de carácter gramatical ou lexicográfico.

Mais, antes de continuarmos, temos de ponderar a procedencia dos textos, pois a maior parte deles provén dos labios dos galegos e das galegas finiseculares a termos en conta a circunstancia de que, segundo veremos máis abaixo, a práctica totalidade das cantigas vai acompañada do lugar en que foi coleccionada. Porén, segundo Blanco (1992, I: 104-105 e 105, n. 200), sendo as cántigas do CPG na súa maioría colixidas directamente do pobo, tamén se non debe esquecer o feito de que Pérez Ballesteros acudiu a outras proveniencias, xa que na realidade “tomou para a súa recolleita tódalas cántigas xa publicadas que tivo ó alcance e que rarísima vez menciona”. A adscrición xeográfica, pois, non se encontra nos textos tirados de fontes que non fosen directas e, evidentemente, os cantares en que isto se produce non restan valía a aqueloutros, os máis, en que imos achar ese tipo de informacións xeográficas. No entanto, cando o colector non é o responsábel da primeira recollida, poden aparecer determinadas referencias, algunhas certamente imprecisas, que teñen como obxectivo clarexaren unha proveniencia distinta da transmisión oral;
desta forma, ao longo das páxinas do CPG podemos ler explicitamente os nomes de contemporáneos e amigos do folclorista compostelán que, dunha maneira ou doutra, lle facilitaron algún tipo de material, como Marcial Valladares, Saco Arce, Milà i Fontanals, Manuel Murguía, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, Fernández Alonso, Casares e Salvador Golpe:
El número 2 fue obtenido en Santiago del Burgo, partido judicial de la Coruña. El 3 se lo proporcionó al colector el Sr. D. Juan A. Saco, y es en rigor un juego de niños propio para
ejercitar la memoria (III, 286).

La ruada anterior fue recogida por el ilustre historiador de Galicia, Sr. D. Manuel Murguía, quien se la facilitó al distinguido literato catalán Sr. Milá y Fontanals, entusiasta admirador del dialecto gallego, y autor de una notable monografía sobre la poesía popular de esta región (II, 286).
Este cantar y los números 34 y 65 fueron recogidos en Laje por mi ilustre amigo el poeta gallego Eduardo Pondal (II, 172, n. 2).

Los cantares de este tercer tomo, cuyo origen no se especifica, proceden de los publicados: por el Sr. Milá y Fontanals, por el Sr. D. Marcial Valladares en su Diccionario Gallego, por la señora doña Rosalía de Castro de Murguía, por los Sres.

Fernández Alonso y Casares (don Fermín) en la obra de las Tradiciones populares del Folk-Lore Gallego; de los recogidos en el distrito de Buján por el Sr. D. Salvador Golpe, y por último de orígenes no recordados (III, 297).

Unha outra cuestión digna de nota é a antigüidade dos cantares. Neste sentido, e dado que a súa maioría foi compilada directamente da oralidade decimonónica, o coleccionador indica que os máis dos textos son datábeis ora no século XIX, ora en épocas inmediatamente precedentes, o que, do punto de vista lingüístico, contribúe para subliñar a súa relevancia como testemuños da época. Excepto certas cántigas que xa se poden documentar no XVIII na edición de Blanco (1992), pode comprobarse a presenza doutras que se inspiraron na contemporaneidade do XIX: en personaxes populares que existiron na Galiza finisecular, en feitos históricos (cal a visita do rei español Alfonso XII), en modas na indumentaria (como as referencias ás tendencias citadinas que ían marxinalizando o traxe tradicional galego), en estilos de levar penteado o cabelo (cal certa caste de cortes tamén de orixe urbana) etc. Isto evidencia, por tanto, que unha grande parte das cuadras colixidas é datábel ao longo do século XIX, e non é de estrañar que o colector, consciente desa circunstancia, o así declarase ao principio do primeiro tomo, aínda que algún dos datos que tamén achega na seguinte referenciación cronolóxica resulte hoxe certamente matizábel:
No hay vestigios de tradición primitiva respecto á poesía popular cantada, en términos que los cantares todos de la presente colección, revelan pertenecer al siglo actual y á los que inmediatamente le precedieron (I, 1, n. 1).

Por outro lado, os textos do CPG serven para nos aproximarmos, cun notábel grao de verosimillanza, da lingua oral da época, e poucas dúbidas restan neste sentido a teor dalgún deses comentarios a rodapé que acompañan os metros tradicionais; o intelectual de Santiago esforzouse en grafar o que o pobo lle cantaba, sen lle aplicar ningún modelo corrector: nuns versos en que se atesta o fenómeno da gueada nos casos de *ángel e *bajamos, empregados en vez de ánxel e baixamos e grafados no texto en itálica como *ánguel e *bagamos, o erudito aclara pertinentemente as súas intencións de respectar todo aquilo que colleita da oralidade galega do século XIX:
“El colector no pretende corregir ciertas palabras y rarezas gramaticales, sino copiar con la fidelidad posible los cantos populares. Las tendencias en la pronunciación constituyen también asunto de estudio para el filólogo” (II, 195, n. 1)3.

Mais a principal característica que queremos salientar é a feliz circunstancia de os versos costumaren estar anotados, segundo xa se ten salientado noutros estudos modernos (Freixeiro Mato / Sánchez Rei / Sanmartín Rei, 2005: 106). A causa dos apuntamentos cómpre írmola procurar nos destinatarios do Cancionero, pois estaba pensado para un público lector de orixe allea á Galiza, que, en principio, non presentase moitas dificultades na comprensión escrita dun idioma que non era o seu; deste xeito, o que o colector xulga que non vai ser entendido por ese destinatario merécelle algunha sorte de aclaracións lingüísticas, etnográficas ou culturais (Blanco, 1992, I: 103)4.

Repárese, a este respecto, en que a súa obra Versos en dialecto gallego y correspondencia castellana de sus principales voces (Pérez Ballesteros, 1878) xa contiña unha notábel cantidade de nótulas a rodapé, en que se ofrecía a tradución dalgunhas palabras contidas nas súas composicións.
Os apuntamentos que se van achegando ao longo do texto conforman unha distinción entre os diferentes tipos de notas a rodapé 3 A gheada tamén está presente, aínda que nunha proporción certamente pouco representativa. Sirva como exemplo o verso tenja usté moi narabuena (II, 108), en que se atesta o fenómeno na palabra en español e que o colector non puido deixar de comentar, mais sen modificalo: “Tenjá usté: es una imitación del castellano para burlarse mejor” (II, 108, n. 4).
4 Práctica que foi parcialmente secundada por outros estudiosos do folclore, como é o caso de Cotarelo Valledor (1984) ou Rielo Carballo (1980), autor este que inclúe a nada deprecíbel cifra de 488 notas para a colección de estrofes provenientes da zona de Pol, na provincia de Lugo. Moitas desas observacións son de carácter lingüístico, o que redunda positivamente no coñecemento do galego da comarca. Eis algúns exemplos: “No galego falado nótase moito ben a preferencia da copulativa ‘i’ pola de ‘e’, maormente cando a verba que lle sigue comenza por vocal” [n. 5]; “O pronome ‘che’ vai no canto de ‘te’ cando fai de complemento indirecto; ás vegadas, tamén cando fai de complemento directo” [n. 7]; “Na bisbarra de Pol tenden a cerrar moito o ‘o’: ‘moito’ soa ‘muito’. Neste cantigueiro atoparánse ben casos en que se non siga esta norma; elo débese, xeralmente, a que tales cantigas teñen a sua orixe noutras comarcas” [n. 8]; “O emprego de ‘día’ por ‘dea’ é moi corrente na comarca de Pol” [n. 12]; etc. (Rielo Carballo, 1980: 119). Maior cantidade de información é a que se acha no traballo de Quintáns Suárez (2000), obra en tres volumes que contén auténticas paráfrases narrativas sobre as cantigas que escolma.

que, ao noso ver, poden ser clasificados a modo de síntese segundo imos expor a seguir. Para este labor foinos moito útil o exposto en Freixeiro Mato / Sánchez Rei / Sanmartín Rei (2005: 106-110), autores que tamén achegan unha clasificación en varios tipos. A modalidade de anotacións que máis nos interesan é a que nos proporciona datos fundamentalmente linguísticos, en que Ballesteros informa sobre un aspecto da cántiga, como o xénero, o número, as distintas posibilidades dialectais existentes no século XIX, etc.
A gama de información gramatical ou lingüística que se nos ofrece no CPG resulta o suficientemente rica e variada como para que, dentro desta primeira modalidade, se poidan distinguir, baixo o noso punto de vista, varios subtipos. Así, debemos distinguir, en primeiro lugar, todas as traducións, glosas descritivas ou interpretacións que se documentan ao longo do CPG, nas cales Ballesteros pon en español unha palabra, unha expresión, unha cláusula etc. ou elabora unha glosa descritiva ou interpretativa daquilo que lle chamou a atención.

Estas notas poden aparecer tanto a rodapé canto en paréntese a carón da palabra ou expresión que se desexa traducir; exemplos do primeiro son a forma garanduxo, que é entendida como un “tunante ó galán que anda á la tuna” (II, 106, n. 2), ou o nome gazafello, que vén glosado cal “muchacho revoltoso” (III, 121, n. 1); mostras do segundo, posibelmente as máis numerosas dentro desta tipoloxía de apuntamentos, corresponden a sona versionada como fama (II, 47), a cancela traducida para cancilla (II, 108) ou aínda a porco mouro interpretado como cerdo negro (III, 106).

No seu conxunto, con independencia do valor que estas nótulas puideren ter e póndomonos no lugar dese público español a que se dirixían as aclaracións, estas presentan a característica de estaren marcadas, ás veces, por unha certa aleatoriedade, sen que se poida percibir unha liña clara seguida por Pérez Ballesteros para a súa elaboración. Un indicio de tal circunstancia témolo na obviedade que supón traducir Ourense para *Orense (II, 40), actuación que nós xulgamos totalmente desnecesaria, xunto á oportunidade de facer o propio con Abofé, que é versionada como De veras nas dúas ocasións en que se documenta (II, 122; III, 60). Do mesmo modo, decoñecemos por que motivo o colector entendeu que determinado léxico, cal besta (I, 108), zaraza (II, 42) ou bunitura (III, 85), por exemplo, non precisaba de ningunha tradución ou glosa para ese público de fóra da Galiza.

Máis un trazo dos apuntamentos de carácter lexicográfico é a ocasional reiteración de palabras co seu significado respectivo, o que parece vir probar que o colector tamén non seguiu neste particular un criterio coherente. Deste modo, palabras como cirolas ou toxo5 veñen glosadas ou traducidas en repetidas ocasións, dando a impresión de que Pérez Ballesteros se esqueceu das veces anteriores en que proporcionaba a súa significación. Neses vocábulos reiterados non faltan casos en que a tradución ou a glosa achega informacións diferentes, cal é caso da palabra garela, que é entendida polo folclorista compostelán quer case como un xentílico aplicado ás mulleres de Betanzos, quer como un cualificativo próximo de descarada 6.

Por outra parte, no CPG tamén imos achar nótulas sobre variantes dialectais e populares. As persoas preocupadas pola lingua van percibir que o idioma presenta fenómenos de variacionismo xeográfico e tamén popular, totalmente esperábeis e doados de 5 Cfr.: “Cirolas: Calzones de estopa ó lienzo ordinario: van por debajo del calzón de paño y á veces asoman los extremos de aquella especie de zaragüelles, un decímetro más abajo las piernas del calzón” (I, 66, n. 2). “Calzón de lienzo” (I, 151).

“Calzoncillos” (I, 154, n. 1). “Especie de calzoncillos de lienzo ó estopa, de pierna corta y sin ceñir en los extremos. Generalmente asómase colgando algo más que el calzón de paño” (II, 52, n. 3). “Calzones de lienzo” (III, 233, n. 2). “Toxo: Arbusto sin hoja y espinoso. Especie de aliaga muy común en los montes de Galicia: las ramas más tiernas sirven, aun sin machacar, para alimento del ganado y para abonos; así como sus troncos, de compacta fibra, para leña” (I, 108, n.1). “Arbusto espinoso sin hojas, bastante común en los montes de Galicia” (I, 168, n. 2). “Aliaga ó aluaga” (II, 32). “Arbustos espinosos sin hojas, especie de alíagas. Las ramas tienen aplicaciones agrícolas para dar de comer a ganado, para calentar el horno y para pudrideros de abonos. Los troncos dan muy buena leña” (II, 92, n. 3). “Aulaga: arbusto espinoso y sin hojas; abunda en los montes del país” (III, 94, n. 3).

6 Cfr.: “Garelas: Mujeres de mucha lengua y descaro” (II, 97, n. 3). “Los tres lugares primeros son de la parroquia de San Vicente de Elviña, donde cayó herido el general inglés Moore: sus cenizas se conservan en un mausoleo de la Coruña. El sitio llamado del Castro tiene la figura correspondiente á ese nombre. El apodo de garelas que algunos creen aplicable sólo á las hijas de Betanzos, es genérico, como se comprueba en alguna otra copla, y significa: mujer descarada y atrevida” (II, 155- 156, n. 4). “Descaradas” (III, 129). “Apodo de las betanceñas” (III, 140, n. 2).

comprender con só repararmos por un momento no percurso histórico do galego. Esas casuísticas, que son comúns a todas as linguas, adquiren na nosa unha relevancia singular ao non existir ningún tipo de freo ou regulamentación de tales casos, como os emanados dunha academia, dun ensino na lingua propia do país etc. E, como se torna lóxico, tales fenómenos tamén van detectarse nos cantares tradicionais compilados por Pérez Ballesteros.

Así pois, o colector dedícase en ocasións a dar conta das posibilidades de emprego no galego oral da época, que voltan a evidenciar a falta dunha norma común, e a constatar determinadas tendencias da lingua popular; eis un testemuño, tirado dun comentario á primeira dunhas estrofes agrupadas baixo o título “Baile y música” en que se documenta a voz foliada, onde se poden producir alteracións nas vogais non acentuadas debido á inestabilidade tímbrica do vocalismo átono galego: “También se dice fuliada, porque la vocal o tiene afinidad en la vocalización con la u. Así vemos también que se dice foxes y fuxes; ceo y ceu; cormán y curmán; chapeo y chapeu” (I,29, n. 2). E o mesmo acontece coa palabra miúdo, que aparece nun cantar (II, 231) e que motivou as seguintes palabras: “Se dice meúdo y también miúdo, por la afinidad que en todos los idiomas existe entre la vocal e y la vocal i. Otro tanto sucede con las voces códea y códia (corteza), miolo y meolo (meollo)” (II, 231, n. 1).

Mais Pérez Ballesteros fixouse tamén nesoutro tipo de variacionismo lingüístico que antes denominamos xeográfico ou dialectal e, subsecuentemente, anotou a rodapé algunhas das súas impresións. Dado o incipiente e precario estado dos estudos de dialectoloxía da época, con todos os preconceptos herdados dos ilustrados do XVIII e avivecidos durante o XIX, é completamente explicábel que os apuntamentos de carácter dialectolóxico que proporciona o CPG se caractericen por unha notoria imprecisión, aínda que supostamente partan da proposta de Saco Arce (1868: 233)7; a localización e a adscrición xeográfica de fenómenos lingüísticos, sen 7 Nótese o seguinte apuntamento, alicerzado na obra do presbítero ourensán, quen distinguía entre un galego setentrional e un meridional: “Una de las diferencias que separan los sub-dialectos gallegos es la n en lugar de la u. El sub-dialecto septentrional dice hirmán, man, chan, y los plurales en uns, cans; mientras que el meridional prefiere decir hirmau, mau, chau ó chao, us, cas” (I, 38, n. 1).
as cales se non concibe actualmente un estudo de carácter dialectolóxico, só resultan posíbeis para o caso das cántigas referenciadas xeograficamente, segundo veremos máis adiante, e singularízanse pola súa total secundarización, de forma que o que de veras ten interese é a constatación da casuística gramatical ou lexical, mais non a súa identificación cun territorio ou rexión concretos:
Se dice tragueréi y traeréi (I, 99, n. 1).
Se dice grans, graos y graus (I, 102, n. 1).
Axiña se dice en las comarcas citadas en esta colección; pero en otros sitios se dice aixiña ó eixiña, en virtude la afinidad que, todo idioma tiene, para la vocalización, la a con la e: Así se explica el que se diga indistintamente antroido y entroido, aixada y eixada (II, 209, n. 3).
Trúxome y trúxoche: se dice también tróuxome y tróuxoche (III, 48, n. 2).

E nesta liña de información de carácter dialectal que podemos extraer do CPG, cómpre salientarmos a circunstancia de os textos, estando agrupados nos tres tomos por temáticas, posuíren comunmente ao remate de cada eixo argumental a súa localización xeográfica, o cal facilita reflectirmos hoxe en día sobre a oralidade dialectal e popular da época, nin sempre coincidente co estado actual da lingua segundo os modernos estudos de dialectoloxía. Ás veces, a información que se achega é de carácter máis xeral, mais noutras os datos proporcionados apuntan a lugares, freguesías ou aldeas, feito que se converte nunha valiosísima axuda para nos podermos aproximar, cunhas fontes relativamente fiábeis, do estado da lingua no solpor do século XIX; así o declara o responsábel da edición cando afirma que a “casi totalidad de los cantares contenidos en este tomo y en los dos que le siguen, fueron tomados por el colector directamente de labios de gente vulgar” (I, 210, “Advertencia”). Eis unhas mostras da localización xeográfica:
Los números 1 á 3, 7, 9, 11 y 13 fueron obtenidos en el partido judicial de Betanzos. El 4 en la Tolda, cerca de Lugo. El 5, 19 y 20 en la Coruña. El 18 y 21 en varios puntos del partido judicial de Betanzos (II, 114-119).

El número 1 fue obtenido en varios puntos de los partidos judiciales de la Coruña, Betanzos, Puentedeume y Santiago. El 2 en Vivero, provincia de Lugo, y en Ares, partido judicial de Puentedeume [...]. El 7, 17 y 18 en varios puntos de los partidos judiciales de la Coruña y Betanzos [...]. El 21 y 22 en varios puntos de los partidos judiciales de la Coruña y Puentedeume [...]. El 33 en varios puntos del partido judicial de la Coruña. El 35 en la Coruña y en San Pedro de Nós de dicho partido judicial [...] (II, 210-211).
A circunstancia de os cantares viren referenciados canto ao sitio en que foron compilados non é, desde logo, unha característica inherente da obra de Pérez Ballesteros, xa que outras coleccións da época tamén incluían a súa proveniencia, como é o caso dos textos compilados por Saco Arce ou por Casal Lois. Con todo, temos de notar que nas obras publicadas por estes dous estudiosos se secundarizou en boa medida esa adscrición xeográfica: dun lado, Casal Lois suprimiu da versión definitiva da súa Colección todos eses datos, segundo indica Blanco (2001) e, doutro lado, as indicacións de Saco Arce para a súa Literatura popular de Galicia non son tan precisas como as que fai Pérez Ballesteros, pois só figuran ao remate de cada texto e isto dificulta sabermos se se trata unicamente dese cantar ou dos inmediatamente anteriores á inclusión da localidade.

En terceiro lugar, para alén dos datos de carácter semánticolexical e dialectais ou populares, máis un tipo de información lingüística que merece de seu ser subliñado ten que ver igualmente coas notas a rodapé dunha natureza máis gramatical, tales como as particularidades flexionais de certos nomes e verbos ou as singularidades de fenómenos gramaticais hoxe de pouca utilización e, contrastiva e aparentemente, cunha vixencia oral maior no Rexurdimento. Aínda que convén notarmos que nalgúns casos as súas impresións non sempre resultan acaídas, hai inúmeros exemplos en que se glosan acertadamente determinadas particularidades da nosa lingua. Así, poñamos por caso, un ilustrativo testemuño é o que achamos co fenómeno da interpolación pronominal, o cal, segundo ponderamos noutro lugar (Sánchez Rei, 1999: 136-137, n. 207), merécelle ao compilador do Cancionero comentarios como que é moito “común”, “frecuente” ou até “moito frecuente”; e, aínda a ser aínda hoxe detectábel, talvez non se lle poidan aplicar eses cualificativos ou, polo menos, non coa mesma seguridade con que o fixo Pérez Ballesteros. O mesmo aplauso demandan outras anotacións, como as que se encontran para o verbo dicer ~ decer / dicir e a súa adscrición á segunda conxugación, a tradicional, ou á terceira, máis recente, ou mesmo a súa interpretación dos usos do partitivo medio, que reproducimos a seguir:

Media meiga: medio bruja. Común es en gallego que algunos adverbios tomen el género femenino como en el caso anterior ó en “unha pouca d’augua”, y aun suele decirse un pouco viño.

Estas formas influyen en el lenguaje castellano de los gallegos hasta el extremo de que oigamos decir: una poca agua, una poca tela, un poco vino ó tal vez una poca lluvia. Es de desear que acabe de desaparecer este provincialismo, sustituyéndole con frases como las siguientes: un poco de agua, un poco de tela, un poco de agua, un poco de tela, un poco de vino (II, 201, n. 2).

Máis un outro ilustrativo exemplo é o que se acha cando o compilador comenta as flexións, nomeadamente a de xénero. Dado que o Cancionero estaba pensado orixinariamente para españois, non puido o colector deixar de facer algunha observación cando o noso idioma e aquel non coinciden nese particular. Así, unha cántiga onde figura o verso botará sangre encarnado (II, 273), en que, como se aprecia, se mantén o uso tradicional galego-portugués a pesar do españolismo lexical, dálle un magnifíco motivo para desenvolver unnha nota a rodapé focada comparando as dúas linguas:

Las diferencias entre el género masculino y femenino de muchas voces gallegas y castellanas influyen en la incorreción del lenguaje nacional de las personas menos ilustradas de Galicia, y aun en los ensayos literarios sobre el dialecto. En la bondad del propósito del colector hallará disculpa la indicación que se permite hacer de las más notables. La antevíspera, la azumbre, la cal, la canal, la hiel, la labor, la leche, las legumbres, la lumbre, la miel, la mugre, la pez, la pringue, la sal, la sangre, la víspera, la ubre, tienen por equivalentes o antevíspora, o azumbre, o cal, o canal, o fel, o labor, o leite, os legumbres, o lume, o mel, o mugre, o pez, o prebe, o sal, o víspera o víspora, o ubre.

Por la inversa: el azote, el calor, el color, el coraje, el doblez (de una cosa), el mediodía, el pasaje, el paisanaje, el potaje, el ramaje, se corresponden en gallego por a azoute, a calor, a color, a coraxe, a medodía, a pasaxe, a paisanaxe, a potaxe, a ramaxe (II, 273, n. 1).

En cuarto lugar, aínda a non seren os apuntamentos de carácter sociolingüístico excesivamente numerosos, proporcionan, porén, algunhas valiosas informacións sobre determinadas actitudes e usos da galegofonía decimonónica. Poden servir como mostra os seguintes exemplos: o primeiro é un comentario, en que o colector, ao final dunha epígrafe intitulada “Cinco sentidos” (III, 68-69), indica a sedución que produce nos camponeses o español, aínda que os resultados non sexan lingüística nin artisticamente dignos de nota:

“No deja de hallarse á veces algún campesino que pretende mezclar el gallego con el castellano: puede servir de ejemplo la anterior composición” (III, 69, n. 1); e os seguintes atestan o feito de que, na liña do exposto anteriormente, algúns textos eran contra natura vehiculizados en español ou traducidos de estrofes españolas, o que non escapou ao ouvido atento de Ballesteros:
Es castellana [a estrofe] (III, 61, n. 1).
Esta [cántiga] y las demás que aparecen en la colección [= a
epígrafe] suenan como en castellano (III, 133, n. 2).
Parece ser castellano en su origen (III, 149, n. 2).
Este cantar y el anterior fueron obtenidos en la Coruña. El primero lo oyó cantar también el colector en castellano (III, 216, n. 1).

En ocasións, son os antropónimos rexistrados nos cantares os que van servir para forneceren interesantes datos sociolingüísticos. Un apuntamento nesta dirección é que nos merecen os nomes españois Nicolás (II, 248) e especialmente José (II, 123); para este último, manifestando o colector as súas impresións sobre o debate ortográfico entre os partidarios dunha liña etimoloxizante e aqueles que preferían unha orientación máis foneticista, dásenos información sociolingüística no referente ao progresivo avanzo durante o século XIX da consoante velar xorda [x] española nalgúns nomes propios, que, de acordo coa historia da lingua, presentan no galego a fricativa palatal xorda [∫]:

El uso va convirtiendo la X en J, en algunas palabras como Jesús, José, etc., en las cuales la J suena como en castellano.
Preferimos esto á que tenga dos modos de pronunciarse. En cambio, como queda dicho, todos los sonidos ge, gi franceses los expresamos con la x, aun en palabras que en su origen tengan j:
la importancia de las etimologías es menor que la de la sencillez y facilidad de la lectura. El Gallego no es lengua muerta, y tiene que obedecer á la ley del progreso: el Sr. Saco y Arce, conocedor de las lenguas clásicas y de la Filosofía del lenguaje, adoptó en su notable Gramática igual sistema que el que aquí adoptamos. También le vemos aceptado por distinguidos literatos gallegos (II, 123, n. 1).

Finalmente, a presión do español fai que ás veces se documenten castelanismos nas cántigas do CPG, o que, dentro do coñecemento do galego por parte de Ballesteros, se manifesta igualmente en forma de apuntamento a informar da súa foraneidade. A penetración de españolismos foi común para todos os escritores e escritoras do Rexurdimento e dunha boa parte do século XX, en cuxas composicións se detectan esas influencias alleas, e foi tamén habitual na lingua falada, anterior manifestación da linguaxe escrita. Mais o folclorista compostelán, e aquí reside un outro punto que cómpre subliñarmos, decide, na medida das súas posibilidades e condicionado polos seus coñecementos lingüísticos, indicar cando se detectan as anteditas interferencias; deste modo, nuns versos en que se documentan as formas *peral, *ahora, *margarita, *amarillo e *a la luna, o colector manifesta o que segue:
Pereira, en gallego (I, 21, n. 1).
Ahora, se dice en gallego agora (II, 19, n. 2).
En gallego se dice con más propiedad Margarida (III, 44, n. 1).
En gallego se dice con más propiedad amarelo que amarillo
(III, 55, n. 1).
A la luna, no es frase gallega (III, 67, n. 1).

3. CONCLUSIÓNS
A valía do Cancionero Popular Gallego de Pérez Ballesteros é múltipla desde varias perspectivas de abordaxe, como xa se encarregaron de facer ver os contemporáneos do colector ou os estudiosos do seguinte século. A abordaxe lingüística resulta ser, do noso punto de vista, unha das máis interesantes a teor dos datos que se conteñen no Cancionero: contamos, xunto á información que se puider procurar directamente en case 2.600 estrofes, coas anotacións que o compilador foi acrecentando ao texto, en que se glosan fenómenos gramaticais referidos ao nome, ao verbo, aos pronomes, ás variantes populares e dialectais, ao léxico etc. Todo este conxunto de aclaracións ou nótulas vai permitir, como xa favorecen de seu os propios cantares tradicionais, achegármonos cunha grande dose de verosimillanza ao galego da época, e en especial ao da provincia da Coruña, pois eses comentarios e apuntamentos constitúen un valiosísimo medio para nos axudaren a coñecer, en moitos casos, como era a oralidade decimonónica.
A relevancia de tales notas non é, desde logo, secundaria.

Pensemos que, na altura, a tradición gramatical e lexicográfica galega estaba comezando a dar os seus primeiros pasos, de forma que a oportunidade de contarmos con máis unha voz que falase das
singularidades lingüísticas e lexicais da nosa lingua merece ser ponderada coa debida xusteza. Así, as informacións que figuran nos traballos de Rodríguez, Cuveiro Piñol, Saco Arce, Valladares ou Mirás, nin todos co mesmo valor científico, vense verificadas, acrecentadas ou nalgúns casos matizadas polo labor que desenvolveu Pérez Ballesteros ao decidir incorporar, felizmente, toda esa sorte de apuntamentos.

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

ALONSO MONTERO, X. (1979). “Xosé Pérez Ballesteros e a poesía
popular galega”. En Cancionero popular gallego y en particular
de la provincia de la Coruña por José Pérez Ballesteros. Con un
prólogo del ilustre mitógrafo portugués Theóphilo Braga, [IIX].
Madrid: Akal, vol. I.

BLANCO, D. (1992). “Introducción histórica. O papel das clases
letradas na valoración e transmisión da literatura popular en
Galicia entre 1745 e 1885”. N’A poesía popular de Galicia
(1745-1885). Recopilación, estudio e edición crítica, Blanco, D.
(Ed.), 15-108. Vigo: Xerais, vol. I.

BLANCO, D. (2001). “Introducción”. En Colección de Cantares
Gallegos de José Casal Lois, Blanco, D. (Ed.), 5-41. Santiago
de Compostela: Consello da Cultura Galega.

BLANCO, D. (ed.) (1992). A poesía popular en Galicia. 1745-1885.
Recopilación, estudio e edición crítica. Vigo: Xerais, 2 vols.

BRAGA, T. (ed.) (1982) [1906]. Romanceiro Geral Português.
Lisboa: Vega, 3 vols.

CABANILLAS, R. (ed.) (1976) [1951]. Cancioneiro Popular Galego.
Vigo: Galaxia.

COUCEIRO FREIJOMIL, A. (1935). El idioma gallego. Historia,
gramática, literatura. Barcelona: Casa Editorial Alberto Martín.
CPG = PÉREZ BALLESTEROS, J. (ed.) (1979) [1885-1986].
Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de
la Coruña por José Pérez Ballesteros. Con un prólogo del
ilustre mitógrafo portugués Theóphilo Braga. Madrid: Akal, 3
vols.

FREIXEIRO MATO, X. R. (1998). Gramática da lingua galega. Vol.
I. Fonética e fonoloxía. Vigo: A Nosa Terra.
----- (1999). Gramática da lingua galega. Vol. III. Semántica. Vigo:
A Nosa Terra.
----- (2000). Gramática da lingua galega Vol. II. Morfosintaxe. Vigo:
A Nosa Terra.

FREIXEIRO MATO, X. R. / SÁNCHEZ REI, X. M. / SANMARTÍN
REI, G. (2005). A lingua literaria galega no século XIX. A
Coruña: Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña.
IG = IGLESIA, A. DE LA (ed.) (1977) [1886]. El idioma gallego. Su
antigüedad y vida. A Coruña: La Voz de Galicia, 3 vols.
O TRATAMENTO DA LENGUA NO CANCIONERO POPULAR GALLEGO (1885-1886)…

LISÓN TOLOSANA, C. (2004) [1979]. Antropología cultural de
Galicia. Madrid: Akal.

LÓPEZ VARELA, E. (2001). Unha casa para a lingua. A Real
Academia Galega baixo a presidencia de Manuel Murguía
(1905-1928). A Coruña: Espiral Maior.

MARIÑO FERRO, X. R. / BERNÁRDEZ, C. L. (eds.) (2002).
Romanceiro en lingua galega. Vigo: Xerais.

MARTÍNEZ SALAZAR, A. (1981). Algunos temas gallegos. Edición
de la Real Academia Gallega, costedada por la Excma.
Diputación Provincial de La Coruña y por doña Elena Martínez
Morás, en conmemoración del cincuentenario del fallecimiento
del autor. Sada / A Coruña: Gráficas do Castro / Moret, vol. II.

NÚÑEZ GONZÁLEZ, M. (1894). Monografía sobre la poesía
popular gallega. Primer premio del tema en el certamen
científico-literario celebrado en Pontevedra el día 14 de agosto
de 1892. Madrid: Imprenta de Enrique F. De Rojas.

PARDO BAZÁN, E. (1984) [1888]. De mi tierra. Vigo: Xerais.

PÉREZ BALLESTEROS, J. (1878). Versos en dialecto gallego y
correspondencia castellana de sus principales voces. Madrid:
Establecimiento tipográfico de Eduardo Cuesta.

QUINTÁNS SUÁREZ, M. (ed.) (2000). Cancioneiro popular do
Fisterra Galego. 2500 cantareas comentadas e clasificadas por
temas. Noia: Toxosoutos, 3 vols.

RIELO CARBALLO, I. (ed.) (1980). Cancioneiro da Terra Cha
(Pol). Sada / A Coruña: Ediciós do Castro.

SACO ARCE, J. A. (1868). Gramática gallega (Lugo: Imprenta de
Soto Freire).

SÁNCHEZ REI, X. M. (1999). Se o vós por ben teverdes. A
interpolación pronominal en galego. Santiago de Compostela:
Laiovento.

SANTIAGO GÓMEZ, J. de (1918). Filología de la lengua gallega.
Santiago de Compostela: Tipografía de El Eco Franciscano.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario